Haberá que esperar aos próximos días para comprobar a súa evolución
O centrocampista do Real Club Celta, Borja Oubiña sufriu no partido do sábado ante o Marítimo unha distension tendinosa no seu ombreiro esquerdo nunha xogada na que o canteirán escorregou ao golpear o balón.
O xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, quen destaca que se trata dunha lesión moi dolorosa, precisa que, trala radiografía que se lle realizou no Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima para diagnosticar a dolencia, haberá que esperar aos próximos días para comprobar a súa evolución.
Foto: Diego Pérez