“Estou moi feliz, o Celta é a miña casa e quero seguir moitos anos”, afirmou o lateral celeste
O Real Club Celta continúa fortalecendo os vínculos coa súa canteira, a base do proxecto celeste. Se onte asinou o seu primeiro contrato profesional o porteiro Rubén Blanco e hai uns días foi Toni quen ampliou o seu contrato, hoxe renovou outro dos grandes valores do club, Hugo Mallo, quen será celeste ata o ano 2018. “Estou moi contento por esta renovación e ampliar un ano máis. O que quero é estar aquí porque esta é a miña casa”.
Hugo Mallo acolleu con gran satisfacción a renovación do seu contrato até o ano 2018, xa que “o que quero é xogar no Celta, gustaríame estar aquí moitos anos, estou moi feliz”.
Afirmou que “estou en casa. Desde que cheguei de pequeno trátanme como na miña casa. O que quero agora é mostrar o meu agradecemento no campo, esforzareime ao máximo e traballarei a lume de biqueira para agradecerlle ao club todo o que fixo polo meu”.
O canteirán apuntou que “afrontamos esta tempada con moitas ganas. Estou a desexar xa que chegue o próximo partido e de que sexa unha boa campaña”.
“Todos os anos son difíciles, teñen as súas complicacións, pero estamos a traballar ben e con moitas ganas, polo que sacaremos isto adiante”, engadiu.