O club pechou hoxe a renovación por catro tempadas do internacional gabonés
O Real Club Celta continua asegurando a continuidade das súas novas promesas e do seu proxecto de canteira. Tras as recentes renovacións de Rubén Blanco, Toni e Hugo Mallo, o centrocampista celeste Levy Madinda ampliu hoxe a súa vinculación co club ata 2017.
O internacional gabonés mostrouse “moi contento. Traballei moito para estar aquí e hoxe é un día moi feliz para min”. O canteirán, que se sente “un chico de Galicia”, asegurou que a súa intención é “devolver a miña alegría ao club e á afección. Cando poño esta camiseta xogo con todo, sempre dando o cen por cen”.
Desta forma Madinda cumpre por fin o soño de formar parte do primeiro equipo: “tiña gañas de chegar arriba. Sabía que ía costar e traballei para alcanzar este nivel. Agora teño que seguir esforzándome, espero dar moito máis”.