Hemeroteca club

Carlos Mouriño repasa a actualidade celeste

RC Celta

carlos_mouriño_200514.jpg

p>

O presidente valorou a tempada e tratou temas de economía, canteira e instalacións, entre outros

 

DECLARACIÓNS COMPLETAS EN CELTA TV

 

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, repasou esta mañá a actualidade celeste, xunto aos medios de comunicación, no Museo do club. O mandatario céltico valorou a situación económica do club, a canteira, o primeiro equipo… unha comparecencia na que destacou o esforzo que realizará a entidade viguesa para conseguir un estadio novo: “loitaremos por iso. A afección ten que acompañarnos no soño dun novo Balaídos”. Mentres o RC Celta traballa para poder alcanzar esa meta, as reformas na instalación deportiva seguirán adiante: “nos próximos días asinaremos un convenio co Concello de Vigo para realizar máis melloras no estadio”.

 

Carlos Mouriño tamén se referiu ao novo adestrador do primeiro equipo, Eduardo ‘Toto’ Berizzo, de quen subliñou as súas primeiras palabras cando o club ofreceulle a posibilidade de regresar a Vigo: “eu necesito ao Celta máis do que o Celta me necesita a min”. O presidente confirmou que o técnico arxentino chegará acompañado polos seus axudantes.

 

En materia de fichaxes, o dirixente celeste informou de que “en principio buscaremos un lateral zurdo, un central, un centrocampista, un mediapunta e un dianteiro” e mostrouse optimista sobre a situación de Gustavo Cabral: “a negociación está moi avanzada. O xogador está moi contento aquí”. Outro futbolista do primeiro equipo cuxo futuro está pendente de resolverse é Mario Bermejo: “ofrecémoslle seguir no club, pero non como xogador”. O cántabro pasaría a relizar funcións dentro da organigrama da dirección deportiva.

 

En materia económica, Carlos Mouriño deu unhas cifras moi positivas, como o superávit do club, de máis de 4’3 millóns de euros, ou a débeda do Celta, que se reducirá a 8 millóns de euros ao finalizar esta campaña: “a estabilidade económica permite aos xogadores centrarse no fútbol”.

 

O presidente non quixo desaproveitar a ocasión para lembrar a celebración de Róldaa Elite Sub-19, previa ao campionato europeo, no estadio de Balaídos: “será un gran espéctaculo. Convidamos a todos os afeccionados a arroupar aos nosos xogadores nesta competición”.

 

Declaracións completas en CeltaTV: http://goo.gl/pRmOUU

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas