O dianteiro celeste foi presentado esta tarde no estadio de Balaídos
Joaquín Larrivey foi presentado esta tarde no estadio de Balaídos como novo dianteiro celeste. O futbolista arxentino estivo acompañado polo vicepresidente Pedro Pousada e o director deportivo Miguel Torrecilla. O conselleiro celeste deu a benvida ao xogador e convidou o xogador a “sentirse na súa propia casa. Espero que sexas feliz neste club, onde poderás despregar todas as túas calidades, e nesta cidade”. Pola súa banda, Miguel Torrecilla destacou a Larrivey como “un dianteiro nato ao que lle gusta asociarse e un futbolista xeneroso no esforzo e nas tarefas defensivas”.
“Estou moi orgulloso de formar parte do Celta de Vigo”. O atacante arxentino iniciou a súa comparecencia agradecendo ao club a súa confianza, á vez que prometeu “sacrificio e traballo”. Larrivey recoñeceu que tivo outras opcións sobre a mesa, pero que a do Celta a sentín como unha forma de seguir crecendo, como futbolista e persoa”. O dianteiro tamén tivo palabras para a afección celeste, da que lle falaron “marabillas”.
Larrivey, que xa adestrou esta mañá co resto dos seus compañeiros na Madroa, levará o dorsal número 11 na súa camiseta.