Primeiro Equipo

Jonathan Vila desvincúlase do Celta

RC Celta

jonathanvila1314.jpg

O club agradece ao canteirán o seu compromiso e profesionalidade e deséxalle o maior dos éxitos

 


 Vídeo en CeltaTV: http://t.co/gk2MFHXOXm


 

O Real Club Celta e Jonathan Vila chegaron hoxe a un acordo para a rescisión do contrato do futbolista celeste, que xa se desvinculou do club.

 

Jonathan Vila chegou ao Celta no 2000. O zagueiro formouse como xogador na canteira da Madroa ata, con esforzo e constancia, chegar a debutar có primeiro equipo en 2006. O canteirán tivo un peso moi importante no regreso do Celta a Primeira División, en 2012, e foi partícipe da memorable permanencia na máxima categoría en 2013.

 

A súa entrega, sacrificio e compromiso có club vigués sempre foi unha dos seus acenos de identidade, calidades que súmanse á súa inquebrantable profesionalidade e calide humana. O futbolista porriñés, ao que o RC Celta deséxalle o maior dos éxitos tanto no profesional coma no persoal, deixa no celtismo un imborrable e agarimoso recordo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas