Primeiro Equipo

LIGA | O Celta cae pola mínima en Ipurúa

RC Celta

eibar_celta_web_191116.jpg

 

O Celta non puido puntuar en Ipurúa nun partido cunha enorme polémica por dous penaltis non sinalados a favor dos vigueses na segunda metade e un aluvión de tarxetas amarelas e vermellas para os célticos, totalmente desconcertados. Os locais adiantáronse pronto no marcador e despois aguantaron o empuxe celeste.

 

O Eibar, dominador no arranque, anotou aos nove minutos. Fran Rico rematou á rede tras un rexeite no longueiro. O Celta tardou en entrar no partido. Fíxoo pasado o primeiro cuarto de hora de xogo, momento en que comezou a tocar con paciencia e a xerar chegadas con perigo ante un rival que retrocedera e buscaba sorprender á contra. O equipo vigués, de menos a máis, puido empatar a falta de dous minutos para o descanso cun remate de Bongonda ante Risco que tapou ben o porteiro local.

 

Trala reanudación, de novo o Eibar saíu máis centrado e a punto estivo de marcar nos primeiros minutos. Os celestes reaccionaron pasado o primeiro cueto de hora e, como na primeira metade, comezaron a prolongar as súas posesións e a chegar con asiduidade. A falta de pouco máis de cuarto de hora, o Celta reclamou penalti por un derribo a Sisto que o colegiado non apreciou.

 

O asunto empeoró pouco despois cun clamoroso penalti de Risco sobre Bongonda que non foi sancionado. Ambas xogadas desquiciaron un tanto a un Celta que empuxaba con decisión. Finalmente, con moitas tarxetas para os celestes, incluídas varias expulsións, e unha enorme polémica, o Celta caeu en Ipurúa.

 

FICHA TÉCNICA 

1-SD Eibar: Riesgo, Arbilla, Ramis (Gálvez, min.83), Lejeune, Luna, Inui (Peña, min.63), Rico, D. García, P. León (Escalante, min.71), Adrián e Enrich.

 

0-RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Roncaglia, Fontás, Sergi Gómez, Planas (Guidetti, min.75), Señé (Sisto, min.67), Radoja, Wass Pablo Hernández, min.53), Bongonda e Rossi.

 

Goles: 1-0, min.9: Fran Rico.

 

Árbitro: Munuera Montero, do comité andaluz. Expulsou con roja directa a Hugo Mallo e Sergio on el banquño) e amonestou a Bongonda, Roncaglia, Pablo Hernández, Rubén, Ramis.

 

Campo: Ipurúa.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas