Daniel Wass terminou o partido de Copa ante o Real Madrid cunha escordadura acromioclavicular no ombreiro dereito. Os servizos médicos do Celta realizaron unha proba radiológica ao xogador leste mesmo xoves en FREMAP coa que se descartou que sufra unha lesión ósea ou luxación.
A participación do internacional danés no partido de Liga deste sábado en Leganés está practicamente descartada. O período de baixa determinarase nos próximos días, en función de como evolucione a lesión.