Primeiro Equipo

LIGA | O Celta despídese do Calderón cunha cruel derrota sobre a bucina

RC Celta

guidetticalderon120217.jpg

O Celta sufriu un excesivo castigo no seu último partido no Vicente Calderón, onde o Atlético deixará de xogar ao remate da tempada. Celestes e colchoneiros ofreceron un espectáculo vistoso e trepidante, non apto para cardíacos, que fixo as delicias de calquera afeccionado ao deporte rei. Os de Simeone, co marcador en contra, apertaron ao máximo na área céltica e terminaron por darlle a volta ao resultado con dous goles anotados practicamente sobre a bucina (3-2).

 

Cabral estreou o electrónico ao cinco minutos de xogo aproveitando un mal despexe de Moyá. Ao intre, Torres respondeu cunha incrible chilena en estático ante a que Sergio nada puido facer. Antes do descanso as propio Torres fallaría un penalti.

 

Tras a continuación o choque mantívose eléctrico, cun ritmo moi alto e posibilidades para ambos os conxuntos. Guidetti volveu pór por diante aos vigueses no minuto 78, finalizando unha contra impecable dos de Berizzo. O Atlético tirou de épica e case sen tempo para reaccionar deu a volta ao resultado. No 86 Carrasco marcou un impresionante tanto desde fóra da área. Dous minutos despois Griezmann completou a remontada.

 

O Celta debe pensar agora no partido de Europa League. Este xoves ás 19:00 Balaídos acolle a ida dos dezaseisavos de final ante o esixente Shakhtar Donetsk.

FICHA TÉCNICA

3-ATLÉTICO: Moyá, Juanfran (Vrsaljko, min.46), Savic, Lucas, Filipe, Gabi, Saúl (Correa, min.72), Koke, Carrasco, Griezmann, Torres (Gameiro, min.76).

2-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Radoja, Pablo Hdez., Jozabed (Wass, min.64), Iago Aspas (Marcelo Díaz, min.85), Sisto (Bongonda, min.70), Guidetti.

Árbitro: Hernández Hernández, do comité das Palmas. Amonestou a Gabi (Atlético); Jonny e Guidetti (Celta).

Goles: Cabral, 0-1, min.6; Torres, 1-1, min.10; Guidetti, 1-2, min. 78; Carrasco, 2-2, min.86; Griezmann, 3-2, min.88.

Campo: Vicente Calderón.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas