Esta mañá entregouse o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de Xaneiro que recaeu no capitán do Celta Hugo Mallo. O xogador de Marín obtivo o 49,6% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Sergio Álvarez cun 26,2% dos votos e de Daniel Wass cun 24,1%.
A entrega do premio celebrouse no Mesón O Bodegón de Vigo, onde Mallo expresou a súa gratitude á afección e o seu orgullo por ser recoñecido por primeira vez co premio Estrela Galicia: “Realmente é un recoñecemento ao traballo colectivo de todos os meus compañeiros”, asegurou.