Partido duro e sen un claro dominador. O Celta chegou con máis perigo no primeiro tempo, pero sen apenas inquietar ao porteiro. Os castellonencos abriron o marcador a balón parado e con algo de fortuna. Ao fío do descanso, Dos Santos botou unha falta que Musacchio rematou. O balón topouse con Soldado e, de rebote, terminou no fondo da portaría celeste. O atacante amarelo realizou unha durísima entrada a Marcelo Díaz ao comezo do choque, pero só foi amoestado.
A dinámica do partido non variou tras o intermedio: escaso xogo nas áreas e ningún claro dominador. A entrada de Beauvue e Aspas deu aires novos ao Celta, que foi de menos a máis e apertou na recta final do partido. Os últimos compases do duelo foron confusos, con moitos paróns no xogo e perdas de tempo. Os galegos non atoparon o camiño ao gol e caeron pola mínima.
FICHA TÉCNICA
0-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Sergi Gómez (Wass, min.81), Planas, Marcelo Díaz, Radoja (Iago Aspas, min.69), Jozabed, Hjulsager (Beauvue, min.59), Bongonda, Rossi.
1-VILLARREAL: Andrés, Mario, Musacchio, Víctor Ruiz, Jaume Costa, Trigueros, Bruno, Dos Santos, Soriano (Rodrigo, min.88), Soldado (Sansone, min.70), Bakambu (Castillejo, min.81).
Goles: Soldado, 0-1, min.44.
Árbitro: Melero López, do comité andaluz. Amonestou a Hugo Mallo, Planas, Bongonda, Aspas (Celta); Soldado, Dos Santos Mussachio (Villarreal).
Campo: Balaídos (16.651 espectadores).