Primeiro Equipo

UEL | O soño continúa: regreso a cuartos da Europa League dezaseis anos despois

RC Celta

krasnodarcelta1.jpg

 

RESULTADO: KRA 0-2 CEL (1-4)

 

O Celta segue soñando. Dezaseis anos despois, o club galego regresa aos cuartos de final da Europa League. Faino ademais tras certificar a clasificación con dúas dianas asinadas por xogadores formados na canteira celeste: Hugo Mallo e Iago Aspas. Noite histórica para o RC Celta, que este venres coñecerá ao seu próximo rival no torneo europeo. Sigamos soñando!

 

Exercicio de seriedade e madurez do Celta no primeiro tempo. Aínda sen ocasións para ningún dos dous equipos, os celestes arrincaron o partido controlando o xogo e rozaron o gol cun excelente disparo de Sisto que despexou con acerto Sinitsyn. O tramo final da primeira parte converteuse nun duelo de ida e volta, cun Krasnodar moito máis entoado.

 

Tras o descanso o Celta engadiu ao seu estupendo partido os goles, ambos con selo da Madroa. Hugo Mallo abriu o marcador ao comezo da segunda parte, aproveitando un balón rexeitado tras unha gran combinación celeste. Este equipo aprendeu e creceu moito e así o demostrou tras o gol. Calma, acougo, control… os cambios deron frescura ao Krasnodar, pero a solidez defensiva do Celta frustrou os intentos rusos por marcar.

 

A menos de dez minutos para o final Iago Aspas certificou o pase co segundo gol da noite, o que supuña o 1-4 no cómputo global, un tanto cheo de clase. O de Moaña picou o balón por encima do porteiro e levou a éxtase a equipo e afección. O Celta iguala o seu teito histórico en Europa, cuartos de final, algo que non se conseguía desde fai dezaseis anos. Este venres coñecerase ao seguinte rival dos vigueses na competición europea. O soño continúa.

 

FICHA TÉCNICA

0 (1)-KRASNODAR: Sinitsyn, Martynovich, Granqvist, Naldo, Petrov, Kaboré, Gazinskiy, Pereyra (Laborde, min.70), Podberezkin (Mamaev, min.46), Wanderson, Claesson (Joãozinho, min.60).

 

2 (4)-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Fontàs, Jonny, Radoja, Wass (Jozabed, min.74), Pablo Hernández (Beauvue, min.86), Iago Aspas (Roncaglia, min.82), Guidetti, Sisto.

 

Goles: Hugo Mallo, 0-1, min.52; Iago Aspas, 0-2, min.82.

 

Árbitro: Ruddy Buquet, de Francia. Amonestou a Gazinskiy, Granqvist, Wanderson (Krasnodar); Radoja (Celta). Expulsou a Kaboré, do Krasnodar, con dobre amarela (min.87).

 

Campo: Krasnodar Stadium.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas