O Celta levou o segundo derbi galego da tempada cun tanto de Iago Aspas na recta final do segundo tempo. Foi un partido pouco vistoso e sen ocasións, pero controlado sen apenas problemas polos celestes, quen acapararon a posesión do balón. Máxima efectividade dos vigueses que, cun triunfo pola mínima, reafírmanse como reis do fútbol galego e completan unha semana de ilusión coa vitoria no derbi galego e a clasificación a cuartos de Europa League.
Duelo insípido en Riazor, con apenas xogo nas áreas e escasas ocasións. O primeiro tempo pasou sen complicacións para ningún dos equipos. O Celta era dono e señor da pelota e controlaba o encontro, pero apenas inquietou a Germán Lux. Nada máis comezar a segunda parte o Deportivo a punto estivo de aproveitar un fallo da defensa celeste, pero Sergio resolveu á perfección nun man a man con Borges.
A quince minutos para o asubío final, Claudio Beauvue enviou o balón á área branquiazul para que Aspas finalizase cun remate cheo de calidade. O Celta leva esta tempada o seis puntos dos derbis galegos e regala á afección celeste unha semana inmellorable: clasificación a cuartos de Europa League e triunfo en “ou noso derbi”.
FICHA TÉCNICA
0-DEPORTIVO: Lux, Juanfran, Arribas, Albentosa, Luisinho, Bergantiños, Mosquera, Bruno Gama (Gil, min.60), Borjes, Fajr (Çolak, min.76), Joselu (Andone, min.66).
1-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Radoja, Wass (Jozabed, min.87), Pablo Hernández, Iago Aspas, Bongonda (Sisto, min.71), Guidetti (Beauvue, min.12).
Goles: Iago Aspas, min.74 (0-1).
Árbitro: Martínez Munuera, do comité valenciano. Amonestou a Luisinho, Mosquera, Çolak (Deportivo); Cabral, Hugo Mallo, Pablo Hernández, Sisto (Celta).
Campo: Riazor.