aspasseleccion151116.JPG
Primeiro Equipo

Nove celestes concéntranse dende este luns coas súas seleccións

RC Celta

aspasseleccion151116.JPG

 

Nove internacionais celestes concéntranse desde este luns coas súas seleccións, incluído John Guidetti. O atacante lesionouse no derbi galego pero, igualmente, integrarase na disciplina da Selección de Suecia. Os médicos suecos, en permanente contacto cos servizos médicos do RC Celta, supervisarán a doenza do xogador.

 

A nómina de internacionais célticos complétana Iago Aspas, Radoja, Pablo Hernández, Wass, Sisto, Guidetti, Roncaglia e os Sub-21 Jonny e Hjulsager. Entre os partidos que disputarán sobresaen dous duelos con enfrontamento de futbolistas celestes. Tucu Hernández e Roncaglia serán rivais no Arxentina-Chile, clasificatorio ao Mundial 2018, mentres que Jonny e Hjulsager veranse en idéntica situación, aínda que no seu caso nun España-Dinamarca de carácter amigable. Destaca tamén o regreso do canteirán Iago Aspas á absoluta española, convocado por Lopetegui para un clasificatorio ao Mundial ante Israel e un amigable ante Francia.

 

Iago Aspas (España)

España-Israel | 24.3.17 – Gijón | CLASIF. MUNDIAL

Francia-España | 28.3.17 – París | AMIGABLE

 

Radoja (Serbia)

Georgia-Serbia | 24.3.17 – Tiblisi | AMIGABLE

 

Pablo Hdez (Chile)

Arxentina-Chile | 23.3.17 – Buenos Aires | CLASIF. MUNDIAL

Chile-Venezuela | 28.3.17 – Santiago | CLASIF. MUNDIAL

 

Wass e Sisto (Dinamarca)

Rumanía-Dinamarca | 26.3.17 – Cluj | AMIGABLE

 

Guidetti (Suecia)

Suecia-Bielorrusia | 26.3.17 – Solna | AMIGABLE

Portugal-Suecia | 28.3.17 – Funchal | AMIGABLE

 

Roncaglia (Argentina)

Argentina-Chile | 23.3.17 – Buenos Aires | CLASIF. MUNDIAL

Bolivia-Argentina | 28.3.17 – La Paz | CLASIF. MUNDIAL

 

Jonny (España Sub-21)

España-Dinamarca | 23.3.17 – Murcia | AMIGABLE

Italia-España | 27.3.17 – Roma | AMIGABLE

 

Hjulsager (Dinamarca Sub-21)

España-Dinamarca | 23.3.17 – Murcia | AMIGABLE

Dinamarca-Inglaterra | 27.3.17 – Randers | AMIGABLE

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas