Aproveitando o parón ligueiro e a ausencia dun bo puñado de xogadores convocados polas súas seleccións, o corpo técnico celeste decidiu cambiar o adestramento deste xoves por unha sesión de pádel. Xogadores e técnicos esquecéronse do fútbol por un día para divertirse raqueta en man.