O RC Celta disputa este domingo o seu último partido de preparación antes do comezo de LaLiga. Os de Unzué mídense á AS Roma, un dos clubs históricos do fútbol italiano e europeo, a partir das 19:30 no estadio de Balaídos nun encontro en cuxos prolegómenos se vivirá a presentación oficial do equipo ante a súa afección.
A web oficial do Celta, www.rccelta.es, emite en directo este choque de máximo atractivo, unha retransmisión televisiva que por cuestión de dereitos só estará dispoñible para usuarios que se atopen en territorio español.