A dous días para que finalice o prazo para renovar ou darse de alta como abonado do RC Celta con vantaxes especiais, o adestrador celeste Antonio Mohamed envía unha ilusionante mensaxe a todos os celtistas para que se animen a unirse ao proxecto desta tempada.
«Esta tempada necesitamos de vostedes, teñen que ser o xogador número doce», di o arxentino no vídeo realizado por Celta Media. «Vai ser moi importante que nos apoien, porque hai motivos para soñar», sentenza.
Este venres 20 de xullo é o último día para renovar ou darse de alta cun 5% de desconto e sen Días de Club. Tanto renovacións como altas -sen cota de alta ata as 2.500 polo 95 aniversario do RC Celta- poden xestionarse nos despachos de billetes do estadio de luns a venres en horario de 10:00 a 20:00.