Rubén Blanco sufriu unha lesión muscular durante o partido ante o Atlético de Madrid. O porteiro celeste danouse nun golpe de balón e as primeiras exploracións apuntan a unha probable rotura muscular no recto anterior da súa coxa dereita. Nas próximas horas realizaránselle probas médicas para determinar o alcance exacto da lesión.
![foto-partido-celta-atletico-19-20-aidoo-morata.jpg](https://rccelta.es/app/uploads/2020/09/foto-partido-celta-atletico-19-20-aidoo-morata-1024x576.jpg)
Primeiro Equipo