ESCUDO-1300x400-02
Primeiro Equipo

O RC Celta e Jozabed Sánchez separan os seus camiños

RC Celta

O RC Celta e Jozabed Sánchez chegaron a un acordo para a desvinculación do centrocampista andaluz, que a última tempada estivo cedido no Málaga. O talentoso mediocentro chegou a Vigo en xaneiro de 2017 e contribuíu co seu traballo e o seu xogo a asinar unha histórica tempada, tanto en Copa da SM o Rei como en Europa League.

Até a data, Jozabed disputou 76 encontros coa camiseta celeste nos que anotou dous goles e repartiu oito asistencias. O club quere agradecerlle o seu comportamento e profesionalidade e deséxalle moitos éxitos na súa nova etapa deportiva.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas