ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

Vitoria do RC Celta ante os Wolves no último partido de pretempada (0-1)

RC Celta

Última proba para o RC Celta antes do inicio de LaLiga e… ¡Que proba! Os celestes enfrontáronse ao Wolverhampthon no Molineux Stadium, días antes de comezar a tempada oficial ante o Atlético en Abanca Balaídos.
Tras unha primeira parte moi disputada, cunha enrome intensidade e un elevado ritmo,  o conxunto celeste logrou, con todo merecimento, adiantarse no marcador cun gol de Iago Aspas de penalti cometido sobre Santi Mina. Os célticos despregaron un gran fútbol e superaron con claridade ao cadro local, que se empregou con excesiva dureza en moitas ocasións.
A segunda parte empezou con maior dominio inglés. Os Wolves gozaron de oportunidades claras, incluído un lanzamento ao pau. Ante o empuxe do conxunto local, o Celta mantívose firme, soubo sufrir e finalmente conseguiu aguantar o resultado para levarse a vitoria.
Foi un valioso test de pretemporada, xa que a esixencia do cadro inglés foi moi elevada e obrigou ao RC Celta a exprimir as súas calidades para obter a vitoria.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas