ESCUDO-1300x400-01
Celtismo

Á venda as entradas para o RC Celta – FC Barcelona, cun 15 por cento de desconto para os abonados

RC Celta

Tralo valioso empate colleitado en Vallecas, o RC Celta buscará este sábado (Abanca Balaídos, 16.15 horas) ante o FC Barcelona unha vitoria de prestixio que ratifique a evidente mellora do seu xogo e a súa competitividade.

O equipo debe recuperar ademais a solidez de outrora en casa, para o que necesita o alento dunha afección que desde o comezo do campionato apoiou con enerxía aos celestes. Os afeccionados poden adquirir os billetes para este encontro, de gran importancia para o despegue do equipo, desde este momento na páxina web oficial do club con prezos que oscilan entre os 40 e os 100 euros

Ademais, o RC Celta, pon a disposición de cada abonado unha entrada cun 15 por cento de desconto (ata esgotar existencias) con prexos entre 34 e 85 euros. Toda a información e os trámites para a adquisición dos billetes están dispoñibles no enlace: PINCHA AQUÍ

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas