ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

Fran Beltrán, gañador do premio Estrella Galicia ao mellor xogador celeste en outubro

RC Celta

O Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do RC Celta do mes de outubro recae no centrocampista Fran Beltrán, que obtivo a maioría dos votos da afección celeste. O medio centro impúxose na fase final a Santi Mina e Dituro para levarse este segundo premio Estrella Galicia da tempada.

O xogador celeste ofreceu un excelente rendemento nos encontros ante Elche, Sevilla, Getafe e Real Sociedad e recibiu o apoio da afección celeste parea alzarse con este premio de xogador do mes.

“Quero agradecerlles á afección, aos meus compañeiros e a Estrella Galicia que fagan posible este premio. Todos os xogadores intentan facelo ben sempre e ás veces chegan estas recompensas”, comentou Fran Beltrán, quen indicou que “me atopei mellor, con mais confianza e dinamismo e mentres siga tendo oportunidades intentarei seguir mellorando”

O centrocampista celeste recordou que “xa recibín un premio ao xogador do mes o primeiro ano no RC Celta e sabes que é un recoñecemento que chega grazas aos teus compañeiros e a que estás facendo as cousas ben e que é o camiño a seguir”.

Recoñeceu que estes recoñecementos anímanlle a “seguir traballando, a non quedarse co feito senón intentar seguir mellorando. Teño 22 anos e moito marxe de mellora”.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas