
Borja Iglesias sofre unha rotura miotendinosa no sóleo da súa perna esquerda, segundo confirmou a resonancia magnética que se lle practicou nas últimas horas. O dianteiro celeste lesionouse tras notar unha dor aguda no adestramento do pasado martes na Cidade Deportiva Afouteza.
Agora, xa iniciou o correspondente tratamento de recuperación baixo a supervisión dos servizos médicos. Estímanse ao redor de seis semanas de baixa.