ESCUDO-1300x400-01
O Club

O concurso ‘Startup Competition’ reuniu ás mellores empresas innovadoras en A Sede do RC Celta

RC Celta

O Startup Competition, concurso de novas empresas innovadoras relacionadas co mundo do deporte, chegou á súa conclusión este venres no Salón Regio der A Sede. O Galicia Sportech, referente no ecosistema innovador da industria da tecnoloxía no deporte, e o centro de innovación do RC Celta, CeltaLab1923, puxeron en escena este evento final, no que dez dos mellores proxectos nacionais presentaron as súas ideas e ferramentas e expuxeron as súas tecnoloxías para deleite do deporte galego, cunha ampla representación, ante un xurado formado por inversores destacados e representantes de entidades deportivas referentes no ecosistema galego.

Entre os dez mellores proxectos innovadores do concurso, elixidos entre máis de 150 candidatos, resultou ganador Oliver, con YBVR en segundo lugar e un terceiro compartido entre CINFO e Futboltek.

Precisamente as firmas premiadas Oliver, Futboltek ou Cinfo, que xa están realizando as primeiras probas coa canteira celeste, competiron con outras novas empresas relacionadas co mundo do deporte que crearon sistemas para mellorar as retransmisiones televisivas online, a protección no ciclismo ou a organización de eventos. Tamén destacou a presenza de XesGalicia, Abanca ou o clúster da industria do deporte, así como os centros tecnolóxicos Anttlantic, Gradiant e o clúister TIC.

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, protagonizou a inauguración e clausura do evento, ao que asistiron autoridades destacadas do deporte como Ivan Clavel,  gerente de Deporte Galego, representantes das federacións galegas de futbol, baloncesto, balonmano, surf ou hockey e clubs como Celta Zorka Recalvi, Celta Atletismo, CB Reconquista, Obradorio CB e AT Guardés, entre outros.

Destacou a presenza de Borja Varela, quen explico o seu caso de éxito HYPE Sports Innovation en Israel e dos responsables de área de negocio do Sporting de Lisboa e Braga CF, clubs interesados no modelo de innovación aberta proposto por CeltaLab 1923.

Como preámbulo, en sesión matinal desenvolveuse en  A Sede un evento privado con diversos inversores para estes proxectos, un acto desenvolvido en streaming con participación activa con fondos de investimento desde México, Egipto e Holanda, ademais doutros nacionais.

O deporte do futuro

Cada día emerxen centos de novas empresas adicadas á tecnoloxía e ao deporte ao redor do mundo. Aportan novas ideas que pretenden crear o deporte do futuro e cuxo obxectivo principal é solucionar problemas actuais mediante novos sistemas dixitais. A variedade de proxectos é incontable, con temas tan distantes como a análise do rendemento deportivo, a nutrición ou como atraer aos afeccionados mediante realidade virtual.

Esa é a razón pola que desde o centro de innovación Galicia Sportech e CeltaLab1923 buscouse unha fórmula para atraer este tipo de proxectos e de darlles unha gran oportunidade de conseguir o acceso a un club de inversores ou de probar as súas tecnoloxías en equipos de élite do deporte galego

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas