ESCUDO-1300x400-01
Fundación

A Fundación Celta chega a Xinzo de Limia

RC Celta

A Fundación Celta abre unha nova escola de tecnificación, con sede en Xinzo de Limia. Nela, levaranse a cabo adestramentos de tecnificación todos os luns cos xogadores de fútbol 8 da Escola Deportiva do Concello de Xinzo de Limia: un grupo de prebenxamíns, outro de benxamíns e outro de alevíns. Unha acción máis dentro das Escolas Fundación Celta, que teñen o obxectivo de transmitir a metodoloxía de adestramento da canteira do RC Celta. Doutra banda, supón un paso máis na colaboración entre o Concello de Xinxo de Limia e a Fundación Celta pola promoción do futbol na zona.

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas