ESCUDO-1300x400-02
Fundación

‘Vivir valELA pena’: Juan Carlos Unzué comparte a súa loita e as súas vivencias co RC Celta e a súa Fundación

RC Celta

Na súa cadeira viaxan miles de persoas, que o acompañan en cada acto, en cada charla e actividade. Cada unha das súas iniciativas é por eles, polos afectados pola ELA. Juan Carlos Unzué, ex adestrador do RC Celta, compartirá a próxima semana cos xogadores do primeiro equipo e da canteira do RC Celta as súas vivencias, a súa visión e a súa loita. E con todos os celtistas, xa que a súa charla, organizada pola Fundación Celta, será retransmitida por Celta Media en directo. Non hai apoio suficiente para o seu proxecto actual, nin agarimo que compense a súa encomiable entrega a unha loita tan necesaria. A Fundación Celta, o club e a cidade gozarán da súa presenza o vindeiro martes nun acto de enorme valor para todos polo obxectivo e os ensinos que atesoura.

Darlle visibilidad a esta terrible enfermidade, entendela e combatela impulsan esa cadeira na que viaxan miles de persoas. A Fundación Celta ofrecerá a toda a cidadanía a posibilidade de apoiar a Juan Carlos Unzué e á Asociación Galega de Afectados pola Esclerosis Lateral Amiotrófica, Agaela, cunha serie de iniciativas encamiñadas a recaudar fondos para a loita contra a ELA:

O RC Celta pon á venda online unha colección de 3 produtos inspirados en Unzué e o seu lema ‘Vivir valELA pena’. Colabora nesta iniciativa ReiZentolo, que preparou un deseño tomando como referencia unha fotografía da etapa de Juan Carlos como primeiro adestrador do RC Celta. A recaudación destes tres produtos, que estarán dispoñibles durante unha semana en www.shop.rccelta.es (desde o 4 ata o 11 de febreiro) doarase a Agaela. Aqueles que desexen colaborar tamén poden realizar unha donación mediante Bizum ao 03228.

O encontro de Unzué cos xogadores celestes, na que tamén participarán representantes de Agaela, futbolistas e compañeiros que compartiron con el as súas dúas etapas celestes, poderá seguirse en directo na canle de YouTube do RC Celta o vindeiro martes a partir das 19.00 horas.

Os produtos pódense adquirir AQUÍ

 

RC Celta

Etiquetas

Fundación

Noticias recomendadas