ESCUDO-1300x400-02
Novas club

Emotiva despedida en A Sede a Felipe Miñambres: Vaise “un dos nosos, un celtista”

RC Celta

“Estamos aquí para desexarlle o mellor a un dos nosos, a un celtista”. Foi a primeira frase, unha mensaxe plena de sinceridade e agarimo, de Carlos Mouriño, presidente do RC Celta, na roda de prensa de despedida de Felipe Miñambres como director deportivo do club, desenvolvida esta mañá no Salón Regio de A Sede.

Coas palabras do presente arrincou unha comparecencia emotiva, sentida e chea de gratitude e admiración: “Aínda que é certo que o tempo non o fai todo, si faino os sentimentos. Felipe leva case seis anos connosco, pero creo que o sentimento celtista vaino a ter permanentemente”, sinalou Carlos Mouriño, quen engadiu que “moitas veces valoramos as partes deportivas en exclusiva, o que se consegue no campo, os puntos. Aquí valoramos moito máis que iso, valoramos ás persoas, a súa dedicación, a súa entrega  e xa que logo valoramos moitísimo a Felipe Miñambres”.

“Moitísima sorte alá onde esteas, sabes que aquí terás a túa casa, que tes amigos, que tes un fogar”, comentou o presidente celeste, quen tamén se referiu cun gran agarimo a Ángel Medina: “dicímosche o mesmo, vivimos momentos moi íntimos e persoais, eses momentos que superan o que é a parte deportiva, como diciamos antes. Moitas grazas e moito éxito”.

Felipe Miñambres comezou agradecendo ao presidente e a Antonio Chaves “pensar en min fai cinco anos e medio” e dirixiuse a Mouriño para subliñar esa gratitude: “sempre sentinme querido mais alá dos resultados ou problemas, sentinme querido e valorado porque compartiches comigo moitas situacións, cos teus netos e os teus fillos. Sentinme un máis da túa familia e iso é moi difícil nunha relación entre presidente e traballador”.

Tras estender o seu agradecimiento aos directivos, destacou o apoio da afección, “porque neses momentos malos, que os houbo, a afección tirou de todos, do equipo e do club, para sacar adiante unha situación moi comprometida”, en referencia a A Nosa Reconquista.

“Sentinme respectado e querido, alegrareime dos éxitos que desde agora poida conseguir o RC Celta”, concluíu Miñambres.

RC Celta

Etiquetas

Novas club

Noticias recomendadas