ESCUDO-1300x400-02
Celta b

O Celta B resiste e suma un traballado punto nas Gaunas (0-0)

RC Celta

Empate sen goles do Celta B na súa visita ás Gaunas no duelo ante a UD Logroñés correspondente á vixésimo cuarta xornada de Liga no grupo I de Primeira RFEF Footters. Despois dunha primeira metade igualada, o Celta B puido sumar un punto a pesar de quedar en inferioridade numérica durante a última media hora de choque.
Sen un dominador claro nos primeiros minutos de xogo, o filial celeste puido abrir o marcador cun disparo de Miguel Rodríguez que, tras rebotar nun defensor, iríase ao pau. Cedric, cun tímido chute, tentábao pouco despois ante un Logroñés que tivo as súas principais chegadas nas botas de David Ramos e Alfaro.
Tras o paso por vestiarios, o Celta B tivo que lamentar a expulsión de Carbonell, que viu dúas amarelas antes de ser expulsado polo colexiado López Parra. Con dez xogadores sobre o campo, os de Onésimo fixeron un exercicio de resistencia ante un cadro local que, máis aló dunha dobre ocasión a quince minutos para o final, non puxo en demasiadas dificultades a portería defendida por Gaizka.
Pase o que pase no resto da xornada, o Celta B mantense en posicións de play-off de ascenso despois de sumar 41 puntos en vintecatro xornadas. Tras este empate, o segundo equipo céltico recibirá en Barreiro o vindeiro sábado 26 de febreiro ás 16:15 ao Unionistas Cf.

FICHA TÉCNICA

0 – UD LOGROÑÉS: Serantes; Fran, Rueda, Simic, Iñaki; Fer Cano (Rodri Ríos, min. 68), David Ramos (Diamanka, min. 77), Javi Castellano, Alfaro; Aridane AA (Guarrotxena, min. 83), Dubasin.

0 – RC CELTA B: Gaizka Campos; Carrique (Medrano, min. 80), Álex Martín, Javi Castro, Diego Pampín; Carbonell, Holsgrove; Cedric (Iker Losada, min. 70), Gabri Veiga (Beitia, min. 70), Javi Gómez (Alfon, min. 70); Miguel Rodríguez (Fabrício, min. 70).

Sen goles.

Árbitro: López Parra, do colexio cántabro. Amonestou a Alfaro e Diamanka, da UD Logroñés, e a Álex Carbonell, do Celta B, que foi expulsado por dobre amarela.

Campo: Las Gaunas, 4.664 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Celta b

Noticias recomendadas