Toda a información que precisas saber se asistes ao RC Celta – Real Madrid

Continúa La Liga EA Sports, e o RC Celta celebra os seus recentemente cumpridos 100 anos con toda a súa afección en casa, en Abanca Balaídos, recibindo ao Real Madrid nesta terceira xornada. Para todos os celtistas que nos acompañen neste emocionante encontro, aquí facilitámosvos toda a información que pode ser de interese: Apertura de … Continuación

Toda a información que precisas saber se asistes ao RC Celta – CA Osasuna

Arrinca La Liga EA Sports, e o RC Celta estréase en casa, en Abanca Balaídos, nesta primeira xornada ante CA Osasuna. Para todos os celtistas que nos acompañen no encontro, aquí facilitámosvos información que pode ser de interese: Apertura de portas: As portas do estadio abriranse ás 15.30 horas. Para evitar aglomeracións e atrasos na … Continuación

O RC Celta estrea este domingo un servizo para os abonados que aínda non recibiron o seu carné

 O RC Celta continúa traballando na mellora constante da atención aos seus abonados e afeccionados e para o primeiro partido da tempada do Centenario en Abanca Balaídos, ante Osasuna este domingo ás 17:00 horas, estrea un novo servizo para solventar incidencias na recepción dos carnés. O club xa depositou para o seu envío a totalidade … Continuación

Conclúe a campaña de altas para a tempada 2023/24 con máis de 20.000 abonados

A campaña de altas da tempada 2023/24 chega hoxe ao seu fin tras unha impresionante resposta da afección celeste, que permitiu pechar a campaña con máis de 20.000 abonados para un aforo total, tras a incorporación da Bancada de Marcador, de 24.791 localidades. O club quere, ante todo, expresar o seu agradecemento aos abonados que … Continuación

O 95 por cen dos abonados renovaron e máis de 7000 celtistas inscribíronse na lista de espera

O 95% dos abonados do RC Celta xa renovaron o seu carné para esta campaña tan especial para o celtismo como é a do Centenario, demostrando así a ilusión que xerou esta tempada única e o seu apoio e fidelidade ao club. Ademais, na lista de espera para novas altas hai máis de sete mil … Continuación

Únete á historia! ’90 minutos de sentimento’, a campaña de abonados do noso Centenario

O RC Celta dá inicio á tempada do Centenario co lanzamento da súa campaña de abonados “90 minutos de sentimento”. Con tal motivo, e por sexta tempada consecutiva, o club mantén os prezos dos abonos, coa excepción da nova bancada de Marcador. Para aqueles interesados en unirse como abonados na tempada 2023/24, o club habilitou … Continuación

O RC Celta impulsa a súa área social coa incorporación de David González

  No seu empeño por mellorar a súa relación cos abonados e aumentar o seu grao de satisfacción, obxectivo estratéxico do club, o RC Celta dálle un novo impulso á súa área social coa incorporación de David González, quen conta cunha longa experiencia na relación cos abonados e na posta en marcha de eventos e … Continuación

A firma galega Ignacio González Montes, fundada por un ex xogador celeste, doa unha tonelada de conservas á campaña ‘100 Anos – 100 Toneladas’

A fantástica resposta das empresas galegas á campaña solidaria ‘100 Anos – 100 Toneladas’, posta en marcha con motivo do Centenario do club pola Fundación Celta e o Banco de Alimentos de Vigo, viviu un novo e emotivo episodio.  Ambas as entidades recibiron unha tonelada de conservas doada pola emblemática firma galega Ignacio González Montes, … Continuación

O neno de Marín que chegou a A Madroa para converterse en lenda: Ata sempre Hugo!

A camiseta do RC Celta que se enfundou na Madroa con 12 anos deixará de ser visible. No seu próximo partido poñerase outra, que honrará como sempre fixo, pero tras o asubío final, aí rexurdirá a celeste. A que leva día e noite desde neno. A que non se distingue da súa pel. As súas … Continuación

Comunicado oficial: revenda de entradas e carnés

O RC Celta quere lembrar a abonados e afeccionados que a revenda de entradas e carnés están completamente prohibidos e que aquelas persoas que tenten acceder ao estadio o vindeiro domingo utilizando algunha destas prácticas poderían ser retidas nas portas de acceso. Neste sentido, o club aclara que as entradas que se despacharon están asociadas … Continuación