A camiseta da tempada 24/25 de As Celtas xa está aquí!

As Celtas saca á luz a primeira camiseta da súa historia. O novo cadro celeste desvela como será a vestimenta que portará nos partidos deste curso inaugural. Nun emocionante vídeo de Celta Media, as xogadoras de As Celtas visten o que será a súa nova pel durante esta histórica tempada 24/25. Esta camiseta segue a … Continuación

Máis Enerxía Galega, patrocinador oficial de As Celtas  

Máis Enerxía Galega convértese en novo patrocinador oficial de As Celtas na súa emocionante primeira tempada. A compañía galega, líder no sector de luz e gas a nivel nacional, únese ao proxecto máis ilusionante do curso, achegando a súa enerxía e compromiso co deporte galego. O logotipo de Máis Enerxía Galega estará presente na vestimenta … Continuación

Os dorsais de As Celtas para a tempada 24/25

O plantel de As Celtas para a tempada 2024/25 xa está pechada e, a continuación, presentámosvos a súa primeira lista de dorsais da historia. Estas son As Celtas: 1. Nuria Gómez 4. Paula González 5. Noa G. 6. Elena 7. Eva 8. Paula Lorenzo 9. Irene 10. Tati Cruz 11. A. Toubes 13. Naiara 15. … Continuación

Todos xuntos pola benvida que As Celtas se merecen!

O RC Celta prepárase para vivir unha xornada histórica. Anotade ben a data, 7 de setembro de 2024. As Celtas estréanse en competición oficial e farano, como non podía ser doutra maneira, pola porta grande, en Abanca Balaídos ante o Victoria CF. Un día que seguro será inesquecible para toda a familia celeste e no … Continuación

O RC Celta sorprende coa presentación do seu terceiro equipamento para a tempada 24/25

O RC Celta presenta a que será o seu terceiro equipamento para a presente tempada aproveitando a chegada da súa última fichaxe, o lateral, Marcos Alonso. Un dobre anuncio co que o club quixo sorprender a toda a afección celeste que desde hai anos demandaba esta terceira elástica. Nesta ocasión, trátase dunha prenda cor laranxa … Continuación

RC Celta e Podoactiva renovan o seu compromiso unha tempada máis

O RC Celta e Podoactiva renovan o seu acordo de colaboración ata o 30 de xuño de 2025 e reafirman o compromiso de ambos co coidado e benestar dos deportistas celestes. Podoactiva, compañía líder en podoloxía e biomecánica, encargarase de realizar, unha tempada máis, os estudos da pisada aos xogadores do RC Celta e Celta … Continuación

Unha xornada dobre para a historia!

O RC Celta prepárase para vivir un día inesquecible. Este 7 de setembro, Abanca Balaídos será o escenario dunha xornada dobre moi especial que contará co segundo encontro da tempada do Fortuna en casa e o debut de As Celtas. A tarde comezará ás 15:30h cunha sesión de DJ que quentará motores para o primeiro … Continuación

O RC Celta e o Celta Baloncesto, unha relación histórica que se afianza

O RC Celta e o Celta Baloncesto afianzan a súa relación histórica selando a renovación do seu contrato. Un acordo que dará continuidade á devandita unión durante catro anos máis e que supón un importante apoio ao deporte de base local. No acto da firma, levado a cabo no pavillón municipal de Navia, estiveron presentes … Continuación

O RC Celta celebra os nosos 101 anos xuntos!

Foi nunha tarde dun 23 de agosto de 1923 cando todo cobrou sentido. Ese día comezou unha historia que 101 anos despois segue sendo o sentimento, o orgullo e a paixón de toda unha familia celeste. E hoxe, volveu ser unha tarde dun 23 de agosto na que esa gran familia celeste uniuse para celebrar. … Continuación

Á venda as entradas do Villarreal CF – RC Celta!

Xa están á venda as entradas para o partido correspondente á Xornada 3 de LALIGA EA SPORTS que enfrontará ao Villarreal CF e o RC Celta en La Cerámica. Non perdas a oportunidade e acompaña ao equipo o vindeiro luns 26 de agosto ás 21:30 horas no primeiro desprazamento da tempada. As entradas están dispoñibles … Continuación