Gañadores das porras fronte ao Sevilla FC e Granada CF

Os gañadores das últimas porras de goleadores realizadas nas redes sociais, dos partidos fronte ao Sevilla FC e ao Granada CF, son:   Sevilla FC – RC Celta Gañador camiseta segundo equipamento: Javier Pérez Piñeiro.   Granada CF – RC Celta Camiseta primeiro equipamento: sen acertantes. Gañadora máscara RC Celta: Noemi Lorenzo Castro.

A ‘luz celeste’ da fin de semana instálase esta tarde en A Sede

Fin de semana de gran alegría para o celtismo, que viviu intensos momentos de satisfacción coa inauguración da Cidade Deportiva Afouteza e as vitorias do primeiro equipo e do filial, ambas extremadamente valiosas. O RC Celta dálle hoxe continuidade a este brillante fin de semana cunha xa tradicional iniciativa que recolle e estende esa alegría … Continuación

O soño faise realidade: o RC Celta inaugura a Cidade Deportiva Afouteza

Día histórico para o celtismo e o RC Celta, que 97 anos despois do seu nacemento dispón dunha cidade deportiva propia, moderna, funcional, sustentable e integrada co medio ambiente. O Real Club Celta inaugurou este sábado a primeira fase do proxecto da Cidade Deportiva Afouteza nun acto sinxelo no que primaron as medidas de seguridade … Continuación

O RC Celta inaugura este sábado a Cidade Deportiva Afouteza

O RC Celta inaugura este sábado a Cidade Deportiva Afouteza nun sinxelo acto e cumprindo todas as medidas de seguridade. Os afeccionados poderán seguir o evento a partir das 14.00 horas na canle oficial de Celta Media en youtube e coñecer as instalacións nas que leva adestrando o primeiro equipo os últimos días.

O RC Celta atendeu este xoves a numerosos abonados en Abanca Balaídos

O RC Celta atendeu onte a numerosos abonados maiores de 65 anos en Abanca Balaídos co fin de ofrecerlles axuda para renovar o seu carné. Respectando en todo momento as medidas de seguridade establecidas, os abonados puideron tramitar a domiciliación do seu abono, liquidar incidencias ou resolver dúbidas relacionadas coa campaña de abonados ‘Sempre Celta’. … Continuación

GALERÍA | Así é a nova cidade deportiva do RC Celta

O RC Celta, co Granada no foco, estrea con emoción e ilusión a Cidade Deportiva Afouteza

A emoción e a satisfacción marcaron unha xornada histórica. O primeiro equipo do RC Celta completou esta tarde o seu primeiro adestramento na Cidade Deportiva Afouteza, que este sábado vivirá a súa inauguración oficial. Os xogadores celestes exercitáronse, con tanta intensidade como ilusión, co importante partido do domingo ante o Granada no foco. Céspede magnífico, … Continuación

Comunicado do RC Celta

Nun día tan histórico para o Real Club Celta, como é a inauguración da primeira fase da súa cidade deportiva, o club pide desculpas a tantas e tantas persoas que quixésemos convidar, a tantas persoas que quixésemos que nos acompañasen, pero as medidas estritas con motivo do Covid-19 impídennos estar con todas elas. A afección … Continuación

O celtismo elixe un nome para a historia: Cidade Deportiva Afouteza

A afección do RC Celta envorcouse na elección do nome da nova cidade deportiva celeste, cuxa terceira fase concluíu cun índice de participación espectacular. O celtismo respondeu de xeito masivo á proposta do club de darlle voz nunha decisión que queda para a historia. E xa hai unha proposta ganadora, cunha ampla maioría: Cidade Deportiva … Continuación

CeltaLab1923 suma a colaboración do programa INCUVI-Emprende, da Universidade de Vigo

O ‘hub’ de Innovación CeltaLab1923 suma un colaborador de primeiro nivel grazas ao acordo alcanzado co programa INCUVI-Emprende, da Universidade de Vigo. Para Celta Lab supón alcanzar un dos seus obxectivos, que é xerar sinerxías coa Universidade de Vigo e desta maneira coñecer os proxectos emprendedores que propoñan solucións tecnolóxicas no mundo do deporte. O … Continuación