Aprazado o Celta B – RM Castilla deste sábado por mor da alerta meteorolóxica

A Federación Española de Fútbol acordou esta tarde aprazar o partido de Segunda División B previsto para este sábado ás 15.45 horas en Barreiro entre Celta B e Real Madrid Castilla dada a situación de alerta meteorolóxica que se está vivindo en Galicia.

O RC Celta entra no mundo dos e-Sports e formará parte da eLaLiga Santander

O Real Club Celta dá un novo paso na súa constante evolución e procura de oportunidades. O club vigués entra no mundo dos e-Sports coa súa inscrición na próxima tempada da eLaLiga Santander, a competición oficial de EA Sports FIFA 20 Global Series en España na que participarán 33 clubs de Primeira e Segunda División. … Continuación

O RC Celta recibe o agarimo e os sorrisos dos nenos ingresados no Álvaro Cunqueiro

RC Celta e Fundación gozaron este venres dun dos momentos máis especiais e emotivos do ano: a visita aos nenos ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro. Os xogadores do primeiro plantel, o corpo técnico, o presidente Carlos Mouriño e varios directivos do club compartiron anécdotas, sorrisos, fotografías e autógrafos cos máis pequenos que se atopan na … Continuación

Minuto de silencio antes do encontro ante o RCD Mallorca

Antes do partido de LaLiga ante o RCD Mallorca, este domingo 15 de decembro ás 14:00 horas en ABANCA Balaídos, gardarase un minuto de silencio en memoria do mozo celtista e abonado do club, Miguel, de tan só 15 anos de idade e que faleceu súbitamente a semana pasada. Descanse en paz.

O luns comeza a campaña de abonados anuais do RC Celta

O RC Celta pon en marcha o día 16 do presente mes de decembro a campaña de abonados anuais que, como durante o pasado verán, conxela prezos para potenciar o mellor activo do club: a unión de equipo e afección. Para seguir pertencendo á familia celeste, os abonados poderán renovar o seu carné a partir … Continuación

Consternación e pesar no RC Celta pola morte do mozo celtista Miguel

Profundo pesar no RC Celta polo falecemento dun novo membro da familia celeste. Miguel, celtista de tan só quince anos de idade que non faltaba a unha cita en Balaídos e Barreiro, faleceu súbitamente o pasado sábado. Desde o RC Celta desexamos enviar á súa familia nosas máximas condolencias e todo o agarimo, forza e … Continuación

Carlos Mouriño: “Estamos no bo camiño. Os resultados van chegar”

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, atendeu aos medios de comunicación ao termo da Xunta de Accionistas 2018/19, na que se aprobaron as contas do pasado exercicio e o orzamento do novo: "Creo que cada vez se acepta máis nosa idea, que pasa por unha solidez no económico para poder investir máis no deportivo", … Continuación

A Xunta de Accionistas aproba con abafadora maioría contas e orzamento

A Xunta de Accionistas do RC Celta, celebrada no Salón Rexio da Sede, aprobou cunha abafadora maioría, un 99,81 por cento a favor e só o 0,01 por cento en contra dos votos, as contas anuais que recollen uns ingresos de máis de 100 millóns de euros de ingresos e 21,1 millóns de euros de … Continuación

Finaliza o prazo para solicitar os descontos da campaña de abonados

Esta semana procedeuse a realizar a devolución dos últimos descontos relacionados coa campaña de abonados da presente tempada. Algúns dos cales leváronse a cabo a pesar de recibir a solicitude fora do prazo habilitado polo club. Desde hoxe xa non é posible reclamar un dos posibles descontos xa que se pechou o período no que … Continuación

A cidade deportiva RC Celta colocará a Galicia na vangarda do deporte e o lecer

As obras da Cidade deportiva RC Celta arrincaron hoxe co simbólico acto da colocación da primeira pedra. O evento congregou a preto de mil persoas entre as que se atopaban o presidente do RC Celta, Carlos Mouriño; o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez; a alcaldesa … Continuación