mascaras-celta-xunta.jpg
Celtismo

O RC Celta colabora coa Xunta de Galicia na confección de 11.000 mascarillas coas cores e o escudo celestes

RC Celta

O RC Celta vén realizando desde o inicio da crise sanitaria un gran esforzo para colaborar ao máximo coas institucións e entidades inmersas na loita contra o COVID-19. O club e a Fundación dan un paso máis cunha nova iniciativa, xa que facilitará á Xunta de Galicia a través da súa Delegación de Vigo a tea exterior necesaria para confeccionar un total de 11.000 mascarillas.

Trátase, ademais, dunha tea certamente especial, xa que nela descansa a identidade do club. As máscaras que a Xunta de Galicia confeccionará con esta tea lucirán a cor celeste e o escudo do RC Celta. O club e a Fundación fixeron entrega á Delegación de Vigo do organismo autonómico da tea necesaria para a confección dun total de 11.000 mascarillas, que serán distribuídas pola Xunta de Galicia en Cáritas e farmacias viguesas para a súa distribución gratuíta.

 

Numerosas iniciativas

Desde o inicio da crise sanitaria, club e fundación lanzaron diversas iniciativas para colaborar coa sociedade, entre elas a doazón de máis de 300.000 unidades de material sanitario e a cesión da residencia da canteira na Sede ao Sergas, a extensión da iniciativa de batas solidarias, ideada para que os nenos hospitalizados poidan lucir a camiseta do seu equipo favorito en lugar da aburrida bata verde, a diversos hospitais galegos, a doazón de alimentos a comedores sociais ou as chamadas dos xogadores aos abonados de maior antigüidade.

Recentemente, RC Celta e Fundación sumáronse a unha gran iniciativa do Banco de Alimentos de Vuigo, que habilitou a compra de cestas solidarias de produtos básicos a través da súa web www.bancoalimentosvigo.org, unha campaña posta en marcha con gran éxito nas redes sociais co hashtag #yoayudoalbancobueno.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas