O RC Celta caeu pola mínima ante o Real Betis no estadio Abanca Balaídos (0-1). Un gol de Jesé no tramo final do encontro, decantou o choque a favor do conxunto andaluz.
Esta mañá Okay Yokuslu recibiu en A Madroa o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de febreiro. O centrocampista obtivo o 40% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido de preto por Néstor Araujo cun 35% dos votos e de Wesley Hoedt cun 25%. O futbolista turco … Continuación
Lista de convocados: están todos dispoñibles excepto lesionados e sancionados Apercibidos: o único partido que importa é o de mañá. A súa dificultade é moi grande, pero outra cousa é que o transcorrer do mesmo lévenos a tomar decisións. Kevin: é unha das opcións e a máis natural. Kevin adestra a tope sempre e é … Continuación
O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a dezanove xogadores para o partido da vixésimo oitava xornada de LaLiga, na que o RC Celta visita ao Real Madrid (sábado, 16:15, Santiago Bernabéu). A lista completa fórmana: Sergio, Costas, Araujo, Okay Yokuslu, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Pione Sisto, Hoedt, Rubén, Lobotka, Hjulsager, Juncà, Jensen, Boufal, … Continuación
O RC Celta caeu este sábado ante o Real Madrid (2-0) nun partido que se decidiu pola pegada dos brancos. Ambos equipos tiveron ocasións para poder abrir o marcador antes de que o fixese Isco mediada a segunda metade. A primeira metade arrincou con infortunio para o equipo celeste, que perdeu a Juncà aos poucos minutos … Continuación
Fran Escribá destacou o xogo do RC Celta na primeira parte. "Asemellouse moito ao que habiamos preparado e estivemos cómodos. Logo, tras o 1-0 o encontro púxose costa arriba", indicou o adestrador. O preparador valenciano si destacou a actitude do equipo durante todo o partido. "O equipo non baixou os brazos. Equivocámonos as veces que … Continuación
O lateral esquerdo do RC Celta David Juncà sufriu unha lesión muscular no inicio do partido desta tarde no Santiago Bernabéu ante o Real Madrid, polo que foi substituído aos cinco minutos de xogo. Segundo os servizos médicos do club, o defensor sofre unha rotura fibrilar no aductor mediano dereito. Realizaranse probas nos próximos días … Continuación
Resumo do partido da viséxima oitava xornada da Liga, na que o RC Celta caeu derrotado no Santiago Bernabéu ante o Real Madrid (2-0). Isco e Bale marcaron os tantos do cadro madrileño.
Ata seis xogadores do RC Celta foron convocados polas súas respectivas seleccións de cara ao parón internacional do mes de marzo. Okay Yokuslu, Stanislav Lobotka, Néstor Araújo, Sofiane Boufal, Maxi Gómez e Mathías Jensen xa están concentrados cos seus combinados nacionais. Calendario: Maxi Gómez Uruguai - Uzbequistán (China): 22/03/2019. Amigable Terceiro e cuarto posto ou final … Continuación