ruben-blanco.jpg
Primeiro Equipo

Rubén Blanco recibe o premio Xogador Estrella Galicia de xaneiro

RC Celta

Esta mañá entregouse en A Madroa o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de xaneiro, que nesta ocasión recaeu no porteiro do RC Celta Rubén Blanco. O porteiro celeste obtivo o 65% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Néstor Araujo cun 25% dos votos e de Hugo Mallo cun 10%.

O canteirán do RC Celta, que recibiu o premio de mans de Mayka Pais, xerente do café-bar Concerto A’ Pedra, mostrou a súa satisfacción ao recoller o seu primeiro galardón Estrella Galicia e agradeceu o apoio e os votos da afección. “Grazas de corazón aos afeccionados, que son quenes elixen o gañador deste premio”, apuntou o gardameta. Tamén estivo presente Luís Sousa, delegado de Estrella Galicia en Vigo.

Respecto ao partido ante o Levante UD do próximo sábado, Rubén Blanco destacou a importancia do mesmo para escalar posicións na clasificación. “Vai ser un partido complicado porque eles tamén necesitan os puntos. É fundamental sacar os partidos de casa de aquí a final de tempada”, asegurou.

Ademais, puxo en valor o papel da afección en cada encontro en ABANCA Balaídos.”Temos moitas ganas de xogar ante a nosa xente e poder conseguir o tres puntos”, comentou en rolda de prensa.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas