Óscar García: “Temos que ir a Leganés coa máxima esixencia”

Óscar García repasa as súas impresións en rolda de prensa de cara ao partido fronte ao Leganés en Butarque correspondente á xornada 16 de LaLiga, señalando a esixencia coma un dos puntos destacados para este importante partido.

O RC Celta queda sen tempo en Butarque (3-2)

O RC Celta perdeu este domingo ante o Leganés (3-2) nun partido no que os madrileños puxeron unha marcha máis desde o asubío inicial. Os de Óscar García melloraron no segundo tempo pero a diferenza no marcador xa era moi grande. Na primeira metade o equipo local impuxo o seu ritmo e súas foron as … Continuación

Denis Suárez e Pape Cheikh acabaron tocados o partido ante o Leganés

Denis Suárez e Pape Cheikh terminaron o partido ante o CD Leganés con molestias. No caso do centrocampista de Salceda, que tivo que ser substituído mediada a primeira metade, as primeiras exploracións indican que sofre unha escordadura no ligamento deltoideo do seu nocello dereito. Pape, pola súa banda, finalizou o encontro cunha forte contusión no … Continuación

O RC Celta recibe ao Eibar o domingo 26 de xaneiro

Os celestes recibirán á SD Eibar, en Abanca Balaídos, o domingo 26 de xaneiro ás 14:00, como comunicou LaLiga nos horarios correspondentes á xornada 21. O encontro poderá verse tamén en directo a través das cámaras de Gol.

Lucas Olaza, Xogador Estrella Galicia do mes de novembro

Lucas Olaza recolleu este mércores na Madroa o premio ao Xogador Estrela Galicia do mes de novembro, o seu primeiro trofeo como futbolista do RC Celta. O lateral zurdo conseguiu o 46% dos votos emitidos polos afeccionados celestes a través das redes sociais do club, seguido por Iago Aspas cun 33% dos votos e de … Continuación

Sergio Álvarez sofre unha rotura de menisco no xeonllo esquerdo

Novo contratempo no RC Celta. A resonancia magnética á que foi sometido Sergio Álvarez desvelou que o porteiro de Catoira sofre unha rotura no menisco externo do seu xeonllo esquerdo. O canteirán celeste será sometido a unha artroscopia nos próximos días. Doutra banda, Pape Cheikh completou con normalidade o adestramento deste venres e recibiu a … Continuación

RC Celta – RCD Mallorca: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a dezaoito xogadores para o partido da decimoséptima xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao RCD Mallorca (domingo, 14.00 horas, ABANCA Balaídos). A listaxe completa fórmana: Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay, Juan Hernández, Fran Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Lobotka, Olaza, Aidoo, … Continuación

O Mallorca sae vivo ante un RC Celta moi superior (2-2)

O RC Celta empatou este domingo ante o Mallorca (2-2) nun encontro no que foi claro dominador de principio a fin. Rafinha e Aspas adiantaron por dúas veces ao conxunto celeste, que viu como os visitantes igualaron o partido sen apenas crear ocasións. Os de Óscar García saíron moi enchufados ao terreo de xogo e … Continuación

Óscar García: “Hoxe marcouse o camiño que quero como equipo”

Óscar García comparece na sala de prensa de Abanca Balaídos tras o empate 2-2 ante o RCD Mallorca.

Rafinha entra no 11 ideal de LaLiga Fantasy

Rafinha Alcántara foi incluído no mellor once da xornada 17 de LaLiga Fantasy tras o seu fantástico encontro ante o RCD Mallorca. O centrocampista brasileiro anotou o primeiro gol do partido e foi o segundo xogador da competición con máis puntos esta semana.