Óscar García: “Quero que a afección estea orgullosa de cómo xogamos”

Óscar García Junyent foi presentado este mércores no Salón de Rexio da Sede como novo adestrador do RC Celta. O preparador catalán, que xa suma dúas sesións cos seus novos xogadores, mostrouse ambicioso o potencial do equipo. "Hai vimbias pero temos que traballar nalgunhas cousas que son moi mellorables e aí é onde imos incidir … Continuación

Juan Hernández abandona a enfermaría do RC Celta

Excelente noticias no parte médico. O extremo Juan Hernández recibiu este xoves a alta médica tras completar un día máis o adestramento xunto ao resto dos seus compañeiros. O futbolista murciano sufriu unha grave lesión de xeonllo en setembro de 2018 e o pasado mes de agosto realizóuselle unha artroscopia. Pola súa banda, Kevin Vázquez, … Continuación

Fran Beltrán, convocado de novo coa Sub-21

Fran Beltrán foi convocado coa Selección Española Sub-21 para os compromisos oficiais que o combinado nacional disputará ante Macedonia e Israel no próximo parón internacional.

FC Barcelona – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte xogadores para o partido da décimo terceira xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao FC Barcelona (sábado, 21.00, Nou Camp). A listaxe completa fórmana: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay, Denis Suárez, Fran Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Rubén Branco, Lobotka, Olaza, … Continuación

O RC Celta estrélase contra Messi (4-1)

O RC Celta caeu ante o FC Barcelona (4-1) nun partido no que os celestes deron unha boa imaxe sobre o terreo de xogo. Un hat-trick de Messi decantou o choque a favor dos locais. A primeira metade estivo marcada pola igualdade. Tanto RC Celta como FC Barcelona tiveron tramos nos que dominaron o encontro. … Continuación

Óscar García: “Estou moi orgulloso do traballo dos meus xogadores”

O adestrador do Real Club Celta comparece na sala de prensa do Camp Nou tras o partido da decimoterceira xornada de LaLiga ante o FC Barcelona.

Pape: “Vin unha nova cara do equipo”

O centrocampista Pape Cheikh, titular no primeiro partido de Óscar García ao fronte do RC Celta, atende a Celta Media tras a derrota 4-1 no Camp Nou: "Vin un novo equipo, con máis ganas e máis agresivo. Vamos sacar isto adiante".

Resumo | FC Barcelona 4-1 RC Celta

Boa imaxe do Celta na estrea de Óscar García como adestrador celeste. A pesar do resultado avultado (4-1), o cadro olívico ofreceu sensacións renovadas tras só catro adestramentos co novo corpo técnico. Un gran Messi, quen marcou un gol de penalti e dous de falta directa, decantou o encontro ao lado barcelonés. Lucas Olaza estreouse … Continuación

Brais Méndez: “Temos que dar un cambio, mellorar e comezar a sumar de tres en tres”

O canteirán celeste, Brais Méndez, fala en rolda de prensa cos medios de comunicación sobre as súas sensacións e as do equipo de cara aos próximos partidos de LaLiga.

O RC Celta medirase na Copa do Rei ao conxunto navarro Peña Azagresa

O RC Celta xa coñece o seu primeiro rival na Copa do Rei. O conxunto celeste medirase, como visitante, ao Club Deportivo Peña Azagresa, un histórico equipo navarro que superou ao Fraga parta participar na actual edición da competición de Copa. O encontro disputarase a mediados de decembro, os días 17, 18 ou 19, no … Continuación