RC Celta – Real Sociedad: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a vinteún xogadores para o partido da trixésimo primeira xornada de LaLiga, na que o RC Celta recibe á Real Sociedad (domingo, 18:30, ABANCA Balaídos). A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araújo, Okay Yokuslu, Emre Mor, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, Pione Sisto, Hoedt, … Continuación

O RC Celta abónase ás remontadas en ABANCA Balaídos (3-1)

O RC Celta impúxose este domingo (3-1) á Real Sociedade nun partido en que chegou ao descanso por detrás no marcador. Dous goles de Iago Aspas e outro de Maxi Gómez na segunda metade deron aire ao conxunto celeste, que logra saír dos postos de descenso. A primeira parte estivo marcada pola igualdade entre ambos … Continuación

Resumo | RC Celta v Real Sociedad

O RC Celta protagonizou unha nova remontada épica, pivotada de novo nun Iago Aspas descomunal e unha afección celeste entregada ao máximo. A Real Sociedade adiantouse cun gol de Willian José, pero o conxunto de Escrbiá deu a volta ao marcador con outro dobrete de Aspas e un tanto de Maxi Gómez (3-1).

Iago Aspas álzase co MVP da xornada da Liga Fantasy

Iago Aspas segue acumulando eloxios e recoñecementos partido tras partido. A súa brillante actuación do domingo ante a Real Sociedad, onde anotou dous goles que permitiron ao RC Celta darlle a volta a un marcador adverso, servíronlle para entrar no mellor XI da xornada de LaLigaFantasy. Ademais, o canteirán celeste alzouse co MVP da semana. … Continuación

Boudebouz responde o test de Celta Media

Coñece o lado máis persoal de Ryad Boudebouz co test de Celta Media. O seu ídolo de infancia, o seu lugar favorito de Vigo, o compañeiro co que máis se ri... Descobre as súas respostas!

Lucas Olaza: “O celtismo está a darnos unha motivación extra”

O lateral zurdo Lucas Olaza, titular nos últimos partidos do RC Celta, valora ante os medios as últimas semanas de competición, o apoio do celtismo e as claves do próximo partido ante o Atlético.

A afección poderá ver unida o partido ante o Atlético de Madrid en A Sede

O RC Celta afronta este sábado ante o Atlético de Madrid un partido vital para escalar posicións na clasificación. O equipo celeste busca dar continuidade aos bos resultados conseguidos nas últimas tres xornadas. Para que a afección poida ver unida o partido, o Salón Rexio da Sede abrirá as súas portas e ofrecerá o encontro … Continuación

Okay: “Coa afección podemos saír desta situación”

O centrocampista celeste Okay Yokuslu fai valoración dos últimos resultados, a conexión co celtismo e o que está por chegar.

Fran Escribá: “A nosa única idea é a de ir a puntuar ao Metropolitano”

Ánimos do equipo: traballaron ben, moito máis contentos despois dunha boa semana, pero conscientes de que queda moitísimo por facer porque non hai nada feito. Mañá temos unha boa oportunidade para referendar as boas sensacións. Ausencia de Iago Apas: os posibles recambios son xogadores que son máis enganches que dianteiros. Él arrastra unha sanción e … Continuación

O RC Celta xa coñece o horario do seu partido ante o FC Barcelona

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 36 de LaLiga, na que o RC Celta enfrontarase a o FC Barcelona. Os celestes recibirán ao conxunto catalán o sábado 4 de maio ás 20:45 horas. Movistar Partidazo retransmitirá o encontro en directo.