brais-mendez-rakitic-celta-vigo-barcelona-camp-nou-liga-2018-futbol.jpg
Primeiro Equipo

O RC Celta cae no Nou Camp ante a pegada do FC Barcelona (2-0)

RC Celta

O RC Celta caeu este sábado ante o FC Barcelona (2-0), que fixo valer a súa pegada nas poucas ocasións que lle concedeu o conxunto celeste. Os de Miguel Cardoso discutiron a posesión ante os azulgranas e gozaron de varias chegadas perigosas que non puideron concretar.

O partido arrincou con ambos equipos disputándose o balón. Foi o conxunto catalán o que logrou adiantarse no marcador cun gol de Dembelé, que recolleu un rexeite de Rubén dentro da área. O resto do primeiro tempo foi un intercambio de golpes que se saldou, case sobre a bucina, cun gol de Messi.

Na segunda metade o equipo celeste deu un paso adiante e gozou dalgunhas chegadas con perigo. O conxunto dirixido por Miguel Cardoso non puido concretar ningunha das súas ocasións a pesar de tener o control do partido en boa parte do mesmo e deixar unha boa imaxe no Camp Nou.

FICHA TÉCNICA

2- FC Barcelona: Ter Stegen; Semedo, Piqué, Lenglet, Alba; Busquets (Aleñá min.85), Rakitic, Vidal (Arthur min.61); Messi, Dembélé (Coutinho min.66) e Luis Suárez.

0- RC Celta: Rubén; Hugo Mallo, David Costas, Araujo, Mazan; Brais Méndez, Okay Yokuslu (Lobotka min.46), Jozabed, Boufal (Sisto min.75); Aspas (Beltrán min.52) e Maxi Gómez.

Goles: 1-0 Dembele, min 9; 2-0 Messi, min 44.

Árbitro: Prieto Iglesias, do comité navarro. Amoestou a Aspas (RC Celta).

Campo: Nou Camp

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas