Sergi Gómez, Sisto e Brais asinan autógafos en A Sede con DR&N

Novo encontro de xogadores coa afección organizado da man de Do Rego and Novoa, provedor oficial do RC Celta. Sergi Gómez, Pione Sisto e Brais Méndez estarán o vindeiro martes 15 de maio ás 19:00 horas na tenda multimarca da Sede, na Rúa do Príncipe. Unha nova ocasión para que os afeccionados célticos coñezan en … Continuación

Real Madrid-Celta: convocatoria

O adestrador do RC Celta, Juan Carlos Unzué, convocou a 18 xogadores para o partido deste sábado ante o Real Madrid (Santiago Bernabéu, 20:45). A listaxe completa fórmana Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontàs, Cabral, Roncaglia, Jonny, Mazán, Lobotka, Radoja, Tucu Hernández, Wass, Jozabed, Brais, Boyé, Iago Aspas e Maxi Gómez. Sisto e Emre … Continuación

Unzué: «Loitaremos por acadar a mellor clasificación posible»

window.fbAsyncInit = function() { FB.init({ xfbml : true, version : ‘v2.5’ }); }; (function(d, s, id){ var js, fjs = d.getElementsByTagName(s)[0]; if (d.getElementById(id)) {return;} js = d.createElement(s); js.id = id; js.src = “//connect.facebook.net/en_US/sdk.js”; fjs.parentNode.insertBefore(js, fjs); }(document, ‘script’, ‘facebook-jssdk’));

Aspas rescupérase para o Bernabéu e Sisto cae por lesión

Iago Aspas estará no Bernabéu. As probas médicas realizadas polos servizos médicos do club confirmaron a total recuperación do de Moaña, fóra dunha convocatoria desde o partido ante o FC Barcelona, durante o que sufriu unha rotura fibrilar de grao I no bíceps femoral dereito. Non todo son boas noticias no parte médico celeste. Pione … Continuación

Derrota por goleada no Bernabéu (6-0)

Contundente derrota celeste no Santiago Bernabéu. Lonxe do que podería reflectir o avultado resultado final, os celestes disputaron un bo partido e gozaron de ocasións no tramo inicial do encontro. O Real Madrid adiantouse ao trece minutos de xogo cun gran tanto de Benzema. Pouco despois, a polémica instalouse na área madridista cun posible penalti … Continuación

O equipo descansa este domingo e o luns

O primeiro equipo descansará este domingo e o luns. O próximo adestramento terá lugar o martes 15 de maio ás 10:45 horas na Madroa a porta pechada.

Sergio Álvarez, ‘fillo predilecto’ de Catoira

O Concello de Catoira, localidade natal de Sergio Álvarez, nomeou 'fillo predilecto' ao porteiro celeste. A corporación municipal acordou a decisión por unanimidade destacando «as súas cualidades e méritos persoais como deportista exemplar, que con orgullo contribúe a que o nome do municipio de Catoira sexa coñecido en todo o continente europeo, así como o … Continuación

Iago Aspas: «A un Aspas debutante diríalle que tivese máis calma»

 

O celtismo arroupa a Sergi, Brais e Sisto no acto de DR&N en A Sede

A tenda do RC Celta en A Sede recibiu unha gran afluencia de afeccionados este martes no encontro cos xogadores Sergi Gómez, Brais Méndez e Pione Sisto organizado polo club da man de Do Rego and Novoa. Os celtistas que acudiron á cita no edificio celeste situado na Rúa do Príncipe tiveron a oportunidade de … Continuación

Veinticatro adolescentes eslovacos visitan Vigo nunha expedición solidaria

O RC Celta recibe esta semana a visita dun grupo de mozos de Eslovaquia como parte dunha iniciativa organizada pola ONG Project Integration co apoio da Fundación Celta. Desde este mércores e ata o vindeiro luns, estes vinte e catro mozos e mozas en risco de exclusión social vivirán unha experiencia inesquecible na cidade olívica. … Continuación