O prazo para abonarse con condicións especiais amplíase ante a extraordinaria resposta do celtismo

  Tanto os despachos de billetes de Balaídos como a web oficial han rexistrado nos últimos días un constante crecemento na xestión de abonos para a ilusionante e histórica tempada 2016/17. Ante esta extraordinaria resposta do celtismo á Campaña de Abonados, o club amplía unha semana o prazo para beneficiarse das condicións especiais.   Os … Continuación

Beauvue reforza o seu traballo de recuperación coa tecnoloxía avanzada da Clínica Arthros

  Dous meses e medio despois de ser operado por unha rotura do tendón de Aquiles da perna dereita, o atacante Claudio Beauvue continúa progresando na súa recuperación. A pesar de que a pretemporada non comeza até o vindeiro luns, o atacante, lesionado ante o Real Betis en Balaídos, traballa a diario na Madroa co … Continuación

Nolito xogará no Manchester City

  O Manchester City chegou a un acordo co RC Celta para adquirir os dereitos federativos do atacante Manuel Agudo 'Nolito' pola cantidade fixada na cláusula de rescisión do xogador. O futbolista andaluz militará a próxima tempada no conxunto inglés.   O Celta agradece a Nolito o seu compromiso, profesionalidade e absoluta entrega durante o … Continuación

Rociana del Condado homenaxea ao seu paisano José Naranjo

  O municipio onubense de Rociana del Condado, pobo natal do futbolista celeste José Naranjo, brindou unha homenaxe ao xogador este xoves na casa consitorial. Unha representación da comitiva municipal recibiu a Naranjo e fíxolle entrega da bandeira e o escudo da localidade.

Nolito se despide del RC Celta (2)

  Quiero dar las gracias a mis compañeros, al cuerpo técnico, al presidente, al director general, a Miguel Torrecilla y sobre todo a los empleados del club. Gracias por estos tres años magníficos que me habéis hecho pasar en el Celta de Vigo. Y sobre todo, muchísimas gracias a los aficionados por el cariño que … Continuación

Nolito despídese do RC Celta

  Quero dar as grazas aos meus compañeiros, ao corpo técnico, ao presidente, ao director xeral, a Miguel Torrecilla e sobre todo aos empregados do club. Grazas por este tres anos magníficos que me fixestes pasar no Celta de Vigo. E sobre todo, moitísimas grazas aos afeccionados polo agarimo que me destes, tanto dentro como … Continuación

O Celta inicia a pretempada o luns cunha nutrida presencia de canteiráns

  O vindeiro luns á 10:30 18:30 hrs. (porta aberta) arrinca na Madroa unha nova pretempada, antesala da ilusionante campaña 2016/17 na que o Celta volve competir nun torneo continental, a Europa League.   A aposta do club polo fútbol base continúa sendo firme e, un ano máis, Berizzo comezará a posta a punto do equipo … Continuación

Sergi Gómez, celeste ata 2019

  O Real Club Celta continúa perfilando o seu proxecto deportivo de cara á histórica tempada 2016/17. O defensa central Sergi Gómez renovou este luns o seu compromiso co club vigués e será xogador celeste ata o ano 2019.   Gómez chegou ao RC Celta aos 22 anos, na tempada 2014/15. Desde entón pasou de … Continuación

O Celta comeza a súa posta a punto para unha emocionante tempada

  O primeiro equipo arrincou este luns o traballo de pretemporada cunha intensa sesión de adestramento na Madroa. Os xogadores reencontráronse nas instalacións deportivas tras gozar das súas vacacións e deron a benvida a José Naranjo, primeira fichaxe do Celta para a nova tempada, quen se exercitou por primeira vez baixo as ordes de Eduardo … Continuación

Lugo, Valladolid, Fiorentina, Pisa e Pescara: rivais confirmados para a pretempada celeste

  O Celta xa prepara a nova tempada nas Instalacións Deportivas da Madroa. Os celestes iniciaron a súa posta a punto esta semana co obxectivo de chegar ao comezo da competición cun gran nivel. Antes de que arrinque a Liga, os de Berizzo afrontarán varios partidos amigables, o primeiro deles ante o CD Lugo o … Continuación