Pione Sisto regresa da concentración con Dinamarca

  Pione Sisto, quen abandonou a concentración da Selección de Dinamarca Sub-21 o sábado por motivos familiares, xa se atopa en Vigo. O internacional danés incorporouse este luns aos adestramentos do primeiro equipo na Madroa con normalidade.

Iago Aspas brilla no seu debut coa Selección Española

  MIRA O GOLAZO DE IAGO ASPAS AQUÍ   Iago Aspas está a vivir o momento máis doce da súa carreira. Asinou un mes de outubro sobresaliente con cinco goles e unha asistencia, foi convocado a semana pasada pola Selección Española por primeira vez na súa carreira, recibiu este luns o premio ao Mellor Xogador … Continuación

A Sub-21 de Jonny e Rubén clasifícase ao Europeo de Polonia

  A Selección Española Sub-21, entre cuxos convocados atopábanse os celestes Jonny Castro e Rubén Blanco, conseguiu o billete para o Europeo de Polonia ao empatar 0-0 ante Austria este martes en Albacete. Jonny foi titular e disputou o partido ao completo, mentres que Rubén permaneceu no banco. Ambos os futbolistas incorporaranse aos adestramentos do … Continuación

Debuts, goles, asistencias e triunfos entre os internacionais celestes

  Os internacionais do RC Celta regresan a Vigo con boas noticias tras o seu paso polas súas seleccións nacionais. Aspas debutou e marcou con España, Marcelo Díaz asinou unha asistencia no Chile-Uruguai, Radoja estreouse coa absoluta serbia, Rubén e Jonny clasificáronse coa Sub-21 para o Europeo de Polonia...   Aspas, Wass, Guidetti, Rubén e … Continuación

Os internacionais do Celta regresan á Madroa

  Eduardo Berizzo por fin puido contar este xoves coa maioría dos seus xogadores unha vez a práctica totalidade de internacionais xa regresou á Madroa. Marcelo Díaz, Pablo Hernández, Orellana e Roncaglia adiantaron a súa volta ao traballo e incorporáronse esta mañá aos adestramentos xunto a Jonny, Rubén, Wass e Guidetti.   Este venres chegará … Continuación

LIGA | O Celta cae pola mínima en Ipurúa

  O Celta non puido puntuar en Ipurúa nun partido cunha enorme polémica por dous penaltis non sinalados a favor dos vigueses na segunda metade e un aluvión de tarxetas amarelas e vermellas para os célticos, totalmente desconcertados. Os locais adiantáronse pronto no marcador e despois aguantaron o empuxe celeste.   O Eibar, dominador no … Continuación

LIGA | O Celta xoga o 7 de xaneiro ante o Málaga en Balaídos

  LaLiga confirmou os horarios da xornada 17 de Primeira División. O RC Celta recibe ao Málaga CF en Balaídos o sábado 7 de xaneiro ás 18:30 horas, un partido que retransmitirá en directo beIN LaLiga.

O Comité de Competición sanciona a Hugo Mallo e Sergio

  O Comité de Competición da Federación Española de Fútbol comunicou hoxe unha sanción de catro partidos ao defensa celeste Hugo Mallo e de dous partidos ao porteiro Sergio Álvarez. Tamén foi sancionado con dous partidos de suspensión o preparador físico Pablo Fernández.   Hugo Mallo cumprirá a súa sanción nos partidos de Liga ante … Continuación

Os abonados do Celta xa poden reservar entradas para Atenas

  Os abonados do RC Celta que desexen desprazarse a Atenas para presenciar o partido de Europa League ante o Panathinaikos poderán realizar até o 30 de novembro a reserva de entradas nos despachos de billetes do Estadio de Balaídos. Os abonados celestes, que deberán presentar o seu carné en vigor, terán á súa disposición … Continuación

UEL | Empate ante o Standard e todo por decidir en Atenas

  Non puido ser. O Celta rozou a clasificación matemática aos dezaseisavos de final da Europa League até o minuto 80, no que o Standard igualou o gol de Iago Aspas. Así, a clasificación final do Grupo G decidirase na última xornada, na que os galegos visitan o campo do Panathinaikos.   O Celta arrincou … Continuación