RC Celta – Sevilla FC: convocatoria

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 19 xogadores para o partido da trixésima xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao Sevilla (luns, 21.00, Abanca Balaídos). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Ferreyra, Tapia, Juncà, Aidoo, Aarón Martín, Kevin Vázquez, … Continuación

Emre Mor, operado de xeito satisfactorio de pubalxia

O atacante do RC Celta Emre Mor foi operado hoxe de pubalxia polo xefe dos servizos médicos do club Juan José García Cota e o doutor Alberto López, especialista en ciruxía de abdomen. A intervención concluíu de xeito satisfactorio e o dianteiro celeste permanecerá de baixa entre catro e cinco semanas.

Iago Aspas entra no mellor XI da xornada de LaLiga Fantasy

A tempada de Iago Aspas segue acumulando premios e recoñecementos. O dianteiro celeste foi incluído no mellor XI da xornada de LaLiga Fantasy tras a súa brillante actuación ante o Alavés, onde logrou un gol e repartiu dúas asistencias aos seus compañeiros. O canteirán de Moaña é o primeiro xogador do campionato en alcanzar os … Continuación

Iago Aspas exhibe a súa calidade: primeiro xogador de LaLiga en sumar 10 goles e 10 asistencias

LENDA CELESTE. Con maiúsculas. Iago Aspas volveu asinar unha exhibición futbolística co RC Celta en LaLiga. O canteirán de Moaña axudou a que o equipo gañase ao Alavés grazas a un gol e dúas asistencias no primeiros vinte minutos do encontro. Aspas é o primeiro xogador de LaLiga que alcanza os 10 goles e as … Continuación

O RC Celta luce solidariedade e bo fútbol e gaña ao Alavés (1-3)

Un gran RC Celta conseguiu unha importante vitoria este domingo ante o Alavés (1-3) nun partido que quedou sentenciado na primeira metade e no que os xogadores celestes luciron a súa solidariedade defensiva e bo fútbol. O comezo do partido tivo faltas, cartóns, foses de xogo e un gol de Nolito tras unha sensacional xogada … Continuación

Alavés – RC Celta: convocatoria

O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 19 xogadores para o partido da vixésimo novena xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Alavés (domingo, 14.00, Mendizorroza). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Ferreyra, Tapia, Juncà, Aidoo, Aarón Martín, Kevin Vázquez, Santi … Continuación

Néstor Araujo sofre unha rotura fibrilar no aductor medio da súa perna esquerda

As probas médicas ás que foi sometido Néstor Araujo confirmaron que o xogador sofre unha rotura fibrilar no aductor medio da súa perna esquerda. O central mexicano produciuse a lesión durante a concentración coa súa selección e o tempo estimado de baixa é dun dous/tres semanas.

O RC Celta visita o domingo ao Alavés coa única intención de conseguir a vitoria

O RC Celta visita este domingo o estadio Mendizorroza para enfrontarse ao Deportivo Alavés nun partido no que os xogadores celestes buscan conseguir o tres puntos que lle acheguen ao obxectivo final. O equipo de Eduardo Coudet chega ao encontro na 11ª posición de LaLiga con 34 puntos, mentres que o seu rival faio na … Continuación

Solari sofre unha pequena rotura parcial no tendón do adductor esquerdo

As probas realizadas polos servizos médicos do club a Augusto Solari desvelan que o centrocampista sofre unha pequena rotura parcial no tendón do adductor medio da coxa esquerda. O tempo de recuperación será dunhas tres semanas. Solari lesionouse durante a segunda metade do partido do pasado sábado ante o Real Madrid en Abanca Balaídos pouco … Continuación

Augusto Solari sofre unha posible rotura muscular no aductor esquerdo

O partido ante o Real Madrid trouxo malas noticias na enfermaría do RC Celta. O centrocampista arxentino Augusto Solari sofre unha posible rotura muscular no aductor da súa perna esquerda. Nos próximos días realizaránselle probas médicas para coñecer o alcance exacto da lesión.