ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

A maxia de Orbelín Pineda súmase ao ataque do RC Celta

RC Celta

A maxia e a polivalencia de Orbelín Pineda impulsarán o ataque do RC Celta, que abre este periodo de fichaxes invernal coa chegada, trala conclusión do seu contrato con Cruz Azul, do internacional Mexicano. Orbelín Pineda (Coyuca de Catalán, (24/03/1996) firma ata xuño de 2027 e chega ao conxunto celeste avalado por unha extraordinaria carreira con varios títulos de Liga e Copa, a Gold Cup, e a Liga dos Campións de Concacaf.

Coa Selección de México superou xa os 40 partidos e aportou seis goles e outras tantas asistencias, mentres que na liga do seu país anotou 32 goles e conta con 29 asistencias.

Orbelín Pineda, o ‘maguito’ é un futbolista polivalente, que en ataque desenvólvese con soltura e acerto tanto en ambas bandas como por dentro e pode tamén ocupar a posición de mediocentro. Ten unhas fantásticas condicións técnicas, de aí o alcumo de mago, e unha gran visión de xogo, cualidades que lle conduciron a gozar dun rotundo éxito no seu país.

O internacional mexicano incorporarase de xeito inmediato aos adestramentos do equipo para acurtar ao máximo o seu periodo de adaptación, unha tarefa para a que contará co valioso apoio do seu compañeiro de selección Néstor Araujo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas