O RC Celta rescatou un punto ante o Villarreal CF en Abanca Balaídos no encontro correspondente á décimo cuarta xornada de LaLiga. Un encontro no que o submarino amarelo adiantouse no marcador por medio de Alberto Moreno na primeira parte, pero un gol de Brais Méndez subiría as táboas ao marcador na segunda metade.
O RC Celta sumou un punto esta tarde en Abanca Balaídos tras empatar a un gol ante o Villarreal CF no partido correspondente á décimo cuarta xornada de LaLiga. O conxunto castellonenco adiantouse no marcador na primeira parte por medio de Alberto Moreno, pero os celestes melloraron na segunda parte e lograrían a igualada por … Continuación
Os partidos clasificatorios para o Mundial de Qatar de 2022 protagonizaron os compromisos do mes de novembro dos internacionais do RC Celta. Ese foi o caso de Joseph Aidoo, Néstor Araújo, Renato Tapia e Brais Méndez, mentres que José Fontán participou na fase de clasificación para o Europeo sub-21 de 2023 que se celebrará en Xeorxia e Romanía. Joseph … Continuación
Santi Mina xa adestra con total normalidade. O dianteiro celeste sufriu ante o Rayo Vallecano unha elongación do bíceps femoral da súa coxa esquerda, unha lesión que lle mantivo de baixa durante quince días e da que xa está totalmente recuperado. O vigués volve estar dispoñible para Eduardo Coudet, que poderá contar co atacante para … Continuación
Joseph Aidoo, Néstor Araújo, José Fontán, Renato Tapia e Brais Méndez son os cinco futbolistas do RC Celta con compromisos internacionais no parón de seleccións do mes de novembro. Salvo Fontán, que disputará encontros clasificatorios para o Europeo sub-21 de 2023, o resto de internacionais celestes participarán en partidos clasificatorios para o Mundial de 2022. … Continuación
O RC Celta asinou un partido memorable no que a afección, Iago Aspas e un equipo entregado á causa foron os grandes protagonistas. O equipo de Eduardo Coudet foi capaz de recomporse dun 0-3 ao descanso para terminar igualando o partido cun dobre do xenio de Moaña e un tanto do incombustible Nolito. Tarde de … Continuación