ESCUDO-1300x400-02
Primeiro Equipo

Hugo Mallo, Augusto Solari e Iago Aspas, novidades no parte médico celeste

RC Celta

O partido deste domingo ante o Valencia CF en Abanca Balaídos aumentou ata catro a cota de xogadores no parte médico. Os servizos médicos do club detallaron no día de hoxe a situación dos xogadores celestes que acabaron o encontro con diferentes doenzas.

Iago Aspas, pendente de probas, sufriu unha lesión no adutor dereito durante o desenvolvemento do encontro. Pola súa banda, Augusto Solari sofre unha rotura fibrilar na fascia plantar do pé dereito que lle obrigará a permanecer polo menos 8-10 días de baixa.

Pola súa banda, Hugo Mallo finalmente non puido ser da partida no duelo de onte por unha lumbalxia e fará adestramento individual. Mesma observación para un Thiago Galhardo que permanece en tratamento fisioterapéutico tras a enlongación do bíceps femoral dereito durante a disputa do Ebro – RC Celta.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas