Importante vitoria celeste en Getafe. O RC Celta atopou de novo os goles no Coliseum Alfonso Pérez nun partido que dominou prácticamente de principio a fin. Santi Mina por partida dobre e Iago Aspas asinaron as dianas célticas.
O RC Celta se desquitó en Getafe da súa pouca fortuna goleadora das últimas xornadas. Santi Mina por partida dobre e Iago Aspas sentenciaron no segundo tempo un partido no que os vigueses foron superiores. Brais Méndez asinou dúas asistencias e Galhardo unha, de fermosa factura. Boas sensacións e mellor resultado nun momento no que … Continuación
Derrota celeste pola mínima ante un Sevilla que aproveitou unha das súas pocas ocasións (0-1). O RC Celta volveu ofrecer boa imaxe e mereceu máis nun partido no que a afección celeste regresou á bancada de Abanca Balaídos sen restricións de capacidade.
O dominio celeste foi de menos a máis no primeiro tempo, de tal maneira que o Sevilla terminou por encerrarse no seu campo. A pesar da crecente superioridade local, as ofensivas do RC Celta finalizaban con escaso perigo para os andaluces, fóra dunha gran xogada de Denis Suárez, finalizada polo propio centrocampista cun potente disparo … Continuación
O centrocampista do RC Celta Renato Tapia sofre unha rotura fibrilar de grado I no bíceps femoral da súa perna dereita, segundo desvelan as probas realizadas polos servizos médicos do club. O medio centro peruano sufriu esta lesión o pasado día 8 cando se atopaba concentrado coa selección do seu país, que un día despois … Continuación