ESCUDO-1300x400-02
Primeiro Equipo

Sergio emociona e se emociona na súa homenaxe ante o celtismo

RC Celta

Foi unha xornada de emocións durante e antes do partido. O exporteiro celeste Sergio Álvarez regresou á súa casa, Abanca Balaídos, para recibir o agarimo e respecto do celtismo, un momento que lle foi privado na súa despedida por causa da pandemia e que por fin puido gozar.

A afección celeste dedicou unha tremenda ovación ao “Gato de Catoira”, visiblemente emocionado ante as mostras de afecto de toda a familia celeste. Un xogador inesquecible, como profesional e persoa, que seguirá moi presente nos corazóns de todo o celtismo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas