Por fin chegou a ansiada permanencia matemática. O RC Celta venceu ao Levante con autoridade e asegura definitivamente a súa participación en Primeira División por décima tempada consecutiva. Brais Méndez e Augusto Solari marcaron os goles. O Celta arrincou o encontro con moita forza, incisivo en ataque e seguro atrás. Até dúas ocasións claras logrou … Continuación
A vitoria ante o Levante trouxo moi malas noticias na enfermaría celeste. Até catro xogadores tivéronse que retirar do campo antes de tempo por diferentes problemas musculares. Renato Tapia sofre unha lesión no bíceps femoral da súa perna esquerda e Jeison Murillo unha lesión no recto anterior esquerdo. Ambos os casos poden ser roturas fibrilares. … Continuación
O capitán celeste Hugo Mallo tivo que retirarse ao pouco de iniciar o partido ante Osasuna por unhas molestias musculares no bíceps femoral da súa perna esquerda. O lateral de Marín será sometido a probas médicas nos próximos días para determinar o alcance exacto da lesión.
O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 21 xogadores para o partido da trixésimo segunda xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao Osasuna (domingo, 18.30, Abanca Balaídos). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Ferreyra, Tapia, Juncà, Aidoo, Aarón Martín, Kevin … Continuación