ESCUDO-1300x400-02
Primeiro Equipo

O RC Celta firma as táboas co Gil Vicente no terceiro test de pretempada (0-0)

RC Celta

O RC Celta continúa invicto na pretemporada 2021/22. Tras asinar a vitoria ante Atlético Sanluqueño e Pafos FC, os celestes cultivaron un empate sen goles no terceiro amigable de preparación para a nova tempada. O partido, protagonizado por unha intensa néboa no tramo final, non foi o máis vistoso até a data, pero serviu para que o técnico celeste Eduardo Coudet continúe facendo probas e dando oportunidades a todo o persoal.

O adestrador arxentino iniciou o partido cun once formado por Dituro, Hugo Mallo, Aidoo, Fontán, Galán, Tapia, Denis Suárez, Brais Méndez, Nolito, Cervi e Santi Mina; mentres que no segundo tempo deu entrada a unha aliñación totalmente diferente formada por Rubén, Kevin, Carlos Dguez., Okay, Baeza, Beltrán, Gabri Veiga, Solari, Carbonell, Alfon, Lauti.

Unha das notas destacadas do encontro foi o debut de Javi Galán, recente fichaxe do conxunto vigués para a nova tempada, que partiu de inicio e deixou boas sensacións no lateral zurdo. O RC Celta viaxará este fin de semana a Inglaterra para medirse ao Wolverhampton o sábado 7 de agosto, partido que Celta Media emitirá en directo a través do perfil oficial do club en Facebook.

 

FICHA TÉCNICA

0 – RC Celta: Dituro, Hugo Mallo, Aidoo, Fontán, Galán, Tapia, Denis Suárez, Brais Méndez, Nolito, Cervi y Santi Mina. En el segundo tiempo jugaron Rubén, Kevin, Carlos Dguez., Okay, Baeza, Beltrán, Gabri Veiga, Solari, Carbonell, Alfon, Lauti.

0 – Gil Vicente: Kritciuk, Zé Carlos, Diogo, Rubén Fernández, Henrique, Víctor Carvalho, Matheus Bueno, Pedrinho, Murilo, Fran, Samuel Lino.

Goles: sen goles.

Campo: Cidade Deportiva Afouteza (a porta pechada).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas